Etan Thomas
Posición | Pivote/Ala-pivote |
---|---|
Liga | NBA |
Información persoal | |
Nacemento | 1 de abril de 1978 (46 anos) Harlem, Nova York |
Nacionalidade | Estados Unidos |
Altura | 2,06 m (6 ft 9 in) |
Peso oficial | 116 kg (256 lb) |
Información da carreira | |
Instituto | Booker T. Washington |
Universidade | Syracuse |
NBA Draft | 2000 / Rolda: 1 / Elección: 12 Por Dallas Mavericks |
Carreira | dende 2000 |
Historial de equipos | |
Washington Wizards (2001-2009) Oklahoma City Thunder (2009-2010) Atlanta Hawks (2010-2011) | |
Información en nba.com |
Dedreck Etan Thomas, nado o 1 de abril de 1978 en Harlem, Nova York, é un xogador americano de baloncesto profesional.
Traxectoria profesional
[editar | editar a fonte]Thomas foi elixido na 12ª posición do Draft da NBA de 2000 polos Dallas Mavericks. Sen xogar nin un só partidos cos Mavericks, foi traspasado en 2001 aos Washington Wizards, onde fixo 6.7 puntos e 5.3 rebotes por partido durante o tempo que estivo alí.
O 23 de xuño de 2009, foi traspasado xunto a Oleksiy Pecherov, Darius Songaila e unha elección de primeira rolda do Draft aos Minnesota Timberwolves, a cambio de Randy Foye e Mike Miller.[1]
O 27 de xullo de 2009, foi traspasado aos Oklahoma City Thunder xunto a dúas eleccións de segunda rolda do Draft, unha delas condicionada, a cambio de Chucky Atkins e Damien Wilkins.[2]
O 2 de setembro de 2010, asinou polos Atlanta Hawks.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Source: Deal sends Minnesota Timberwolves' Randy Foye, Mike Miller to Washington Wizards - ESPN". Sports.espn.go.com. 2009-06-24. Consultado o 2011-09-03.
- ↑ "Thunder Acquires Thomas From Minnesota". NBA.com. 2009-07-27. Consultado o 2009-07-27.
- ↑ "The Official Site Of The Atlanta Hawks". Nba.com. Consultado o 2011-09-03.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Perfil en NBA.com
- Perfil en ESPN.com
- Estatísticas en Basketball-Reference Arquivado 09 de decembro de 2011 en Wayback Machine.